UGT reclama unha Europa máis xusta, sustentable e solidaria que garanta os dereitos das persoas
9 de maio, Día de Europa
A Unión
Xeral de Traballadores reclama unha Europa máis xusta, sustentable e
solidaria con motivo do Día de Europa que se celebra mañá, 9 de
maio. O sindicato reclama máis instrumentos fiscais e económicos
que melloren as condicións de traballo, os salarios e a negociación
colectiva de todos os cidadáns da UE; unha lexislación común que
garanta os dereitos dos traballadores europeos en igualdade; e un
verdadeiro alicerce social que converta este espazo na Europa do
crecemento sustentable, da repartición xusta da riqueza, da
solidariedade, a igualdade e a loita contra a corrupción e a
pobreza.
67 anos
despois de que o nove de maio de 1950, Robert Schuman fixese pública
a declaración solemne redactada con Jean Monnet, para dar os
primeiros pasos dunha unión de países en prol da paz e a
cooperación comercial, un dos aspectos máis significativos da
Unión, a Europa social, segue sen ser unha realidade.
A Unión Xeral
de Traballadores, desde as distintas institucións nas que participa
como interlocutor social, quere lembrar neste día que as nosas
demandas seguen sendo as mesmas: crear instrumentos fiscais e
económicos que melloren as condicións de traballo, os salarios
mínimos e a negociación colectiva para todos os cidadáns da Unión
Europea e crear unha lexislación común que garanta os dereitos dos
traballadores europeos en igualdade de condicións.
Ás voltas
coas propostas da Comisión Juncker para o Alicerce Europeo de
Dereitos Sociais e do Libro Branco sobre o Futuro de Europa, o noso
sindicato está a traballar para facer achegas no seo da CES e
noutros para que a dimensión social europea deixe de ser unha frase
oca e sexa unha realidade para todos os pobos da Unión.
Por iso pedimos:
Por iso pedimos:
- elementos lexislativos concretos que melloren as condicións de traballo e atallen a precariedade do emprego.
- salarios mínimos suficientes e dignos, que non coloquen aos traballadores en franxas de pobreza ou exclusión social.
- coordinación e protección da negociación colectiva, que tan duramente foi atacada polo Consello e a propia Comisión en anos anteriores.
- un verdadeiro alicerce social que non sexa subsidiario da política da Unión Económica e Monetaria (UEM), senón independente da mesma, para todos os países da UE, e que vertebre o continente de igual maneira que outras políticas comúns.
- Un alicerce social que non estea subrogado ao semestre europeo, senón que, ao contrario, teña suficiente dotación orzamentaria para levar a cabo os obxectivos e sirva para corrixir a aquel na súa fixación austericida.
- unha auténtica economía social de mercado, programada e executada coa inclusión de índices como as taxas de desemprego dos países, a calidade deste, ou o índice Gini nos procedementos de desequilibrio económico.
Para UGT,
celebrar o Día de Europa non é só o recordatorio da efeméride,
senón un momento clave para lembrar os principios da Europa que
queremos. Unha Europa do crecemento sustentable, a repartición xusta
da riqueza, da solidariedade, da igualdade, da loita contra a
corrupción, contra a xenofobia e o odio. Unha Europa acolledora que
promove e ejemplifica os Dereitos Humanos e na que a cidadanía
colabora polo ben común.
Unha Europa
que, fronte á dos últimos anos –durante os que se prometeron
demasiadas cousas que en pouco ou nada beneficiaron á maioría dos e
as cidadás-, deixe de ser un conxunto de palabras ocas para pasar a
ser un acervo de políticas e instrumentos dedicados a erradicar as
desigualdades, a pobreza e o desemprego para ter unha Europa
próspera.