Baixo
o lema “Consellos sindicais interrexionais-CSIR: Contribución dos
CSIR áctivación dos mercados de traballo interrexionais,
euro-rexionais e macro-rexionais” celebraranse as dúas xornadas do
día 15 e do 16.
Concretamente,
na xornada de hoxe, día 16, participarán os secretarios xerais de
UGT, Pepe Álvarez; de CCOO, Ignacio Fernández Toxo; de UGT-P,
Carlos Silva; e de CGTP-IN, Arménio Carlos.
Todos
eles intervirán en sendos paneis sobre as “Fronteiras, espazos de
contacto e cohesión-Os dereitos dos traballadores” e sobre
“Cooperación sindical para a cohesión social e territorial e para
combatir o dumping”.
Xa
a clausura, correrá a cargo do secretario xeral de UGT-Galicia, José
Antonio Gómez, despois de que a secretaria confederal da CES de
lectura ás conclusións.
De
seguido, pola tarde, terá lugar o IX Cumio Ibérico no que as
delegacións sindicais analizarán a debaterán sobre a situación
política actual, económica, laboral e social de ambos países,
España e Portugal, así como, no resto de Europa. Tamén se porán
enriba da mesa as accións conxuntas que se deberían acometert para
acadar unha Europa máis social.
A
xornada organizada pola CES sobre o CSIR en Vigo enmárcase nun
proxecto máis amplo ao que se achegan catro reunións preparatorias
e catro seminarios descentralizados, entre o que se inclúe o de
Vigo. Xa se celebrou outro en Bruxelas e, para vindeiras datas está
previsto outro en Budapest e outro en Trieste. Xa en setembro terá
lugar a conferencia final en Bruxelas.
Os
obxectivos son determinar o xeito en que os CSIR poden axudar a
establecer propostas encamiñadas a desenvolver as economías
interrexionais, eurorrexionais e macrorrexionais. PREME