O Secretario Xeral de UGT, Pepe Álvarez,
afirmou que as mobilizacións convocadas polos sindicatos son unha
“carreira de fondo” para cambiar as políticas e lembrou que as
do día 22 de febreiro produciranse fronte ás sedes das patronais
para que senten a negociar un Acordo, con carácter xeral, que
permita repartir a riqueza que se xera no país. Algo que xeraría
benestar para as persoas que teñen traballo e oportunidades para as
que non o teñen, pois o incremento salarial permitirá, maior
consumo e maior crecemento económico e do emprego.
Neste sentido advertiu que “non podemos continuar
con políticas salariais que fixeron que as rendas do traballo pasen
de representar o 52% na renda nacional, ao 48%, o contrario do que
ocorreu coas rendas de capital. Hai que ter en conta o momento que
vivimos”, cun crecemento da economía de máis do 3% e unha
inflación tamén do 3%. Por iso, si a patronal non negocia e
esta situación non se liquida cun Acordo, “liquidarémolo empresa
a empresa, sector a sector, o que xerará conflito”.
Álvarez, valorou positivamente as mobilizacións do fin de semana
pero dixo que “somos conscientes de que hai que traballalas, nos
centros de traballo, implicando aos compañeiros e compañeiras das
fábricas, como o imos a facer o mes que vén”.
Trátase establecer un proceso de mobilización
crecente, combinando a mobilización e a negociación, en base a tres
obxectivos: a repartición da riqueza que se produce no noso país,
que “só está en mans duns poucos”; a loita contra a
desigualdade, porque a brecha salarial é “absolutamente
insoportable”; e impulsar as negociacións co Goberno, porque
“o tempo esgótase “e das mesas comprometidas só está en marcha
a que fai referencia ao Pacto de Toledo, “con elementos de
desacordo considerables”.
Neste sentido, afirmou que para UGT é unha
condición “sine que non” derrogar a reforma unilateral de
pensións realizada polo Goberno do PP en 2013 e instaurar "que as
pensións se revaloricen de acordo co custo da vida”, restaurando
os acordos previos a esta reforma.
Álvarez lembrou ao Goberno que unha inmensa maioría
de persoas non está conforme con esta repartición inxusta da
riqueza no noso país e que 7 de cada 10 cidadáns votaron cambios
nas políticas, nas últimas eleccións.