mércores, 12 de febreiro de 2014





Servizos xurídicos

Nos servizos Xurídicos da UGT-Galicia traballamos para lograr que se respeten os dereitos dos traballadores e traballadoras afiliados a UGT.
Os servizos Xurídicos da UGT abranguen a todas as Comarcas onde o asesoramento xurídico aos afiliados e afiliadas se leva a cabo directamente por asesores/as laborais, graduados/as sociais e avogados/as con asesoramento directo.

Os servizos Xurídicos da UGT-Galicia cérranse ca actividade que desplega a Asesoría Xurídica de UGT-Galicia.

A Asesoría Xurídica da UGT-Galicia ten como función o asesoramento ao conxunto do Sindicato en todos os aspectos no que se demanda a nosa intervención, ben sexa elaborando informes, promovendo actuacións xudiciais, asesorando directamente aos membros das Comisións Executivas; ademais delo encargámonos de prestar asesoramento xurídico aos afiliados directamente en determinadas comarcas (Compostela, Barbanza, Deza, ...) e asesorar tamén directamente ás Federación de Industria que así no lo demandan e suplir aos compañeiros e compañeiras asesores de outras comarcas cando existe algunha imposibilidade de cubrir o seu cometido.

ENVÍANOS AS TÚAS CONSULTAS:


Se tés algún problema, ou necesitas orientación, envíanos un e_mail.Indica claramente o teu D.N.I., datos persoais, dirección, teléfono e o teu enderezo electrónico. Recibirás a nosa resposta axiña.



ASESORÍA XURÍDICA UGT-GALICIA

Miguel Ferro Caaveiro 12, baixo. C.P.: 15007 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 030 102


IMPORTANTE: todalas consultas feitas a través deste sistema recibiran unha resposta orientativa. Os Servicios Técnicos de Seguridade e Saúde Laboral da UGT de Galicia están a disposición dos seus afiliados, e dos tralladores en xeral en calquera das nosas oficinas.