A Unión General de Traballadores, como asinante do manifesto “Nin un paso atrás”, apoia as mobilizacións do martes, 15 de xaneiro, en todo o país para impedir o retroceso nos dereitos das mulleres.
Como sinalan as máis de cen organizacións sindicais e sociais asinantes, a partir de agora, con citas electorais a próxima primavera, imponse a necesidade de que, especialmente as mulleres, polo moito que nos xogamos, exerzamos a nosa responsabilidade democrática e deixemos claro que os nosos dereitos son intocables e que non hai pacto posible con quen defende nas institucións as pretensións dos violentos.
Non estamos dispostas a permanecer mudas ante a choiva diaria de falacias alentadas por Vox, un partido ultradereitista recentemente chegado.
Hai que informar de cal é a realidade que, conscientemente, retorce e falsea este grupo político e que atenta directamente contra o dereito das mulleres.
UGT lembra que a Lei Integral contra a Violencia de Xénero aprobouse por unanimidade de todos os grupos parlamentarios en 2004 e que converteu a España no país máis avanzado en materia de protección ás mulleres.