
Santiago e Ribeira tiveron sendas mobilizacións, onde estivo presente a UGT Compostela-Barbanza apoiando, con forza e determinación, os dereitos da muller ante os postulados de Vox
e o seu posible peso no pacto político selado por esa formación en
Andalucía.
Á fronte das mobilizacións, que reuniron a centos de
persoas, puido lerse unha pancarta de rexeitamento ao machismo, ao
racismo, ao fascismo e en defensa dos dereitos de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.


