martes, 28 de agosto de 2018

PRL

Os empresarios deben facilitar a formación en materia de riscos laborais entre os traballadores e traballadoras para diminuír a sinistralidade laboral

 ►Dous traballadores falecen ao día por un accidente laboral, 14 sofren un accidente grave, 1.646 un accidente leve e 2.000 un accidente laboral que non causará baixa.
         ► Infartos, derrames cerebrais e accidentes de tráfico son as causas máis frecuentes de morte en accidente laboral. 
► UGT insiste na necesidade de investir en prevención e potenciar ao máximo a formación en materia de riscos laborais así como na creación do Delegado/a Territorial de Prevención.

  • Segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, durante o primeiro semestre do ano producíronse un total de 658.945 accidentes laborais, 1.776 máis respecto de 2017, o que supón un aumento do 0,3%. Deles, 299.008 causaron baixa, (cifra que aumenta un 2,7% en relación ao ano anterior, con 7.741 casos máis). 257.812 ocorreron durante a xornada laboral (aumentando un 2,3%) e 41.196 foron accidentes in itinere (incrementándose un 4,8%). Houbo 359.937 accidentes sen baixa, un tipo de accidente que experimentou un pequeno descenso do 1,6% con respecto ao mesmo período de 2017.

  •  Desde UGT vimos denunciando que as Mutuas endureceron os seus criterios para conceder baixas laborais, reservándoas só para aqueles casos que revistan unha maior gravidade co que se está producindo un transvasamento de accidentes que deberían cualificarse como leves cara a accidentes sen baixa, xa que non cambiou o feito de que os accidentes sen baixa sigan sendo máis numerosos que os que si provocan a baixa. 
  • A precarización das condicións de traballo, a alta temporalidade, a parcialidad involuntaria incrementan a sinistralidade laboral. Os traballadores temporais sofren unha falta de formación e información en materia de riscos laborais, esencial para garantir a súa seguridade e saúde no traballo. Ademais, poden chegar a asumir riscos por temor a perder o seu posto de traballo.