mércores, 22 de agosto de 2018

O FIN DUNHA REFERENCIA EDUCATIVA.









 
O colexio San Francisco Javier pechará as súas portas oficialmente na primeira semana de setembro, despois dos exames extraordinarios que teñen pendentes algúns alumnos. Esta situación é unha crónica dunha morte anunciada que comezou hai uns anos con educación infantil e que se foi trasladando a outras unidades escolares do centro educativo. Foi en 2014 cando a Xunta pechaba a billa para o San Francisco nas aulas de infantil e comezaba a sangría. Durante os seguinte anos os rumores de peche corrían polos corredores do colexio e que o seu uso cambiaría a residencial. Durante o 2016 o servizo de comedor escolar deixou de funcionar, do mesmo xeito que a perda de catro unidades de primaria e dúas de secundaria. Só era cuestión de tempo para que o colexio anunciase o seu peche definitivo que se confirma coa lista dos concertos da Consellería.

Para o recordo quedarán os alumnos e alumnas que deron forma e fondo ás súas aulas, os profesores e profesoras que realizaron unha oposición diaria para cumprir coa ilusión da educación integradora e equitativa, cos soños de educar para mellorar o cidadán desde as raíces que o configuran. A nosa cidade perde un camiño, unha ponte do saber, un trazo de se mesma que sempre quedará o recordo pero xa non no ensino diario, na educación do día a día. Os tempos cambian pero o ensino, e os seus profesionais, non se debería mesturar con outras áreas mercantís. Debido a que perder o legado docente (referencia incuestionable para moitas xeracións que estiveron nas súas aulas e para a nosa cidade que o acolleu) é abrir feridas nas cales non valen escusas vacuas.

La Voz de GaliciaSusana Álvarez, de UGT, sindicato que ostentaba a representación do persoal, explica que se materializou o último curso un expediente de regulación de emprego de extinción do persoal. Ofrecéuselles unha indemnización de 20 días por ano traballado, e ata dous anos de desemprego. Hai situacións moi diferentes: desde quen se acha practicamente en estado de prexubilación a quen busca traballo porque quedan sen nada: «Hai anos que loitamos por un acordo de mantemento do emprego para os centros concertados. Esa era unha das reivindicacións centrais nas mobilizacións que se realizaron o último curso. Entregamos 6.000 firmas no rexistro da Xunta para esixilo e esperamos que teñan consecuencias», sostén.