
O aumento do salario mínimo de convenio a 1.000 euros beneficiaría a 143.000 traballadores galegos a xornada completa
A suba de salarios do IV AENC terá un dobre impacto positivo, mellorará tanto a cohesión individual como a territorial
O 20,5% dos traballadores galegos a xornada completa perciben un salario mensual inferior aos 1.000 euros brutos.
- É dicir, o 20,5% dos traballadores galegos a xornada completa perciben un salario mensual inferior aos 1.000 euros brutos. Só hai catro comunidades autónomas, Murcia, Estremadura, Canarias e Andalucía, cunha porcentaxe de traballadores por debaixo dos 1.000 euros sobre o total superior ao indicador galego.
- De feito, Galicia forma parte do grupo das sete comunidades autónomas (Andalucía, Murcia, Canarias, Estremadura, Galicia, Comunidade Valenciana e Castela-A Mancha) con sobrerrepresentación no número de traballadores con baixos salarios. Todas estas comunidades posúen unha porcentaxe maior de traballadores con salarios inferiores a 1.000 euros do que se derivaría polo seu peso sobre o total de persoas asalariadas no conxunto nacional.
- Tomando os asalariados totais a xornada completa, Galicia ocupa o 5,5% do mesmo sobre o total do Estado pero integra ao 6,1% do total dos asalariados con salarios inferiores a 1.000 euros brutos. É dicir, que posúe unha sobreponderación en materia de baixos salarios e sitúase entre as sete comunidades con maior diferenza.
- Os niveis de renda por habitante en cada territorio dependen do resultado da actividade económica nos mesmos, da súa maior ou menor xeración de valor engadido, o que, ademais, vai unido á calidade do emprego que se xera. Por iso, a maior PIB per cápita, maiores niveis salariais, en termos xerais.
- Así, en Galicia o salario medio dos traballadores (supostas 14 pagas) é de 1.532 euros. Esta Comunidade está na táboa das 18 comunidades por abaixo da metade, no posto 12º. En relación ao PIB per cápita, este é de 22.497 euros por persoa, de novo, por abaixo da metade, neste caso no posto 11º. O que afecta á capacidade global de consumo e, por tanto, achega menos crecemento do seu PIB.
- Por isto, o aumento dos salarios nestes territorios menos desenvolvidos e con niveis salariais relativamente máis reducidos, como é o caso de Galicia, ten un dobre efecto positivo: primeiro, reduce as diferencias de capacidade de compra e de calidade de vida entre a poboación de diferentes zonas, aumentando a cohesión territorial; e, segundo, sirve para impulsar o crecemento naquelas comunidades con tecido industrial máis fráxil e con menores niveis retributivos, ao axudar ao mantemento do consumo das familias.
- Resumindo e concluíndo, o aumento a 14.000 euros do salario mínimo de convenio anual beneficiaría potencialmente a 143.000 traballadores a xornada completa en Galicia, o que supón o 20,5% do total das persoas asalariadas nesta Comunidade.