No marco do Día Mundial dos Refuxiados o sindicato mantén que é prioritario e moi urxente:
- Impedir a perda de vidas no intento de chegar a España e ao resto da Unión Europea.
- Abordar as razóns polas que España é un dos estados membros da Unión Europea con menor porcentaxe de concesións de asilo.
- Dimensionar o sistema de acollida e integración para solicitantes e beneficiarios de protección internacional, adecuándoo ao aumento de persoas que solicitan asilo en España, e repensar un modelo que se basea na concesión de subvencións e non tanto na prestación dun verdadeiro servizo público permanente, en coordinación coas Comunidades Autónomas e as autoridades locais.
- Reducir o tempo de resolución das solicitudes de asilo, pero tamén o atraso de máis de seis meses para poder presentar a solicitude, incrementando, onde sexa necesario, o persoal encargado destas xestións.
- Abordar en Diálogo cos Interlocutores Sociais, os aspectos sociolaborais do futuro Regulamento de asilo e as medidas necesarias para facilitar a integración e inserción laboral de solicitantes e beneficiarios, entre outras, que a solicitude de asilo habilite para a inscrición nos servizos públicos de emprego e as dificultades de homologación e convalidación de títulos (compartidas polo resto de poboación estranxeira) e o recoñecemento da experiencia profesional.
- Garantir os dereitos recoñecidos internacionalmente e na nosa lexislación a quen accede a España a través de calquera das fronteiras terrestres ou polas costas, incluído o dereito para solicitar protección internacional, tanto en fronteira como nos Centros de Internamento de Estranxeiros, e cun sistema de atención humanitaria e acollida suficiente e adecuado, especialmente no caso do acceso a través das costas.
- Ademais, a Unión Xeral de Traballadores lembra que, tanto no caso das persoas solicitantes de protección internacional como dos migrantes que chegan a calquera das fronteiras exteriores da Unión Europea, non se trata de compartir unha carga, senón dunha responsabilidade de todos os Estados Membros.
- As medidas e políticas a curto prazo, a externalización de fronteiras, a falta de cumprimento de compromisos internacionais por parte de determinados membros, a ausencia de pasaxes seguras para solicitantes de asilo e de políticas que aborden as causas dos desprazamentos sexa cal o seu motivo e as diferenzas de dereitos dos migrantes en función do posto de traballo que ocupen, non poden ser a base da política de asilo e de migracións común.