luns, 7 de maio de 2018

PRL



 


Os PGE non apostan pola prevención pese ao aumento dos accidentes laborais ​


O orzamento destinado á Inspección de Traballo e Seguridade Social e ao Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo é totalmente insuficiente Triplícase o gasto destinado ás mutuas laborais .
 O Goberno debe establecer a seguridade e saúde dos traballadores como unha prioridade nas súas políticas A Unión Xeral de Traballadores denuncia que os Orzamentos Xerais do Estado ( PGE) para 2018, relacionados coa saúde laboral, non teñen en conta o alarmante aumento da sinistralidade laboral no noso país. 
Neste sentido, o sindicato sinala que as Contas do Estado persisten en non apostar decididamente, mediante un forte aumento orzamentario, polas partidas destinadas ao desenvolvemento de políticas preventivas. Políticas que mellorarían as condicións de traballo e que traerían consigo, sen dúbida, a redución dos accidentes de traballo como das enfermidades de orixe laboral. 

  • PREME 
  •  
  •