xoves, 27 de decembro de 2018

CONTRATO DE REMUDA









A partir do 1 de xaneiro de 2019, miles de traballadores e traballadoras van sufrir unha discriminación sen precedentes. Ese día entrará en vigor o sistema de xubilación parcial a través do contrato de substitución que contempla o Real Decreto Lei de Medidas Urxentes para o impulso da Competitividade Económica da Industria e o Comercio, validado o pasado xoves polo Congreso dos Deputados.
Con todo, o Goberno só ha incluído este tipo de contrato na industria manufactureira, sempre que o traballador solicitante da xubilación parcial cumpra algúns requisitos, como a “prestación de servizos que comportan relevantes esforzos físicos, ademais de alcanzar certas cotas de idade, antigüidade e cotización mínima”. E na seguridade privada non hai relevantes esforzos físicos? Ou nos servizos públicos? E na construción?