venres, 10 de marzo de 2017

DIÁLOGO SOCIAL












O secretario de Política Sindical de UGT, Gonzalo Piñeiro, considera que o Goberno parece non entender en que consiste o diálogo social. Así o manifestou ao finalizar a primeira reunión de diálogo social sobre Emprego e Calidade no Emprego que tivo lugar esta mañá, e na que participaron responsables do Ministerio de Emprego e Asuntos Sociais, as organizacións patronais CEOE e CEPYME, e as organizacións sindicais UGT e CCOO.

Segundo Piñeiro “hai unha diferenza en para que ten que servir esta mesa e que obxectivos debe ter a negociación. A Administración trasládanos unha serie de obxectivos que non son prioritarios nestes momentos, porque o prioritario é a situación que viven os traballadores na rúa, e a obrigación do Goberno e dos axentes sociais é empezar a resolver os problemas.

O dirixente de UGT considera que a sociedade vive momentos moi complexos, “onde os parados de longa duración non volven ao mercado de traballo, onde os maiores de 55 anos atópanse tamén nunha situación de non ter posibilidade de volver ao mundo do traballo” e onde os mozos e pensionistas viven situacións límite.

É pola importancia destes problemas, asegurou Gonzalo Piñeiro, que nos imos a sentar á mesa, nesa medida imos continuar na próxima convocatoria”, pero non se poden negar as evidencias. “Si imos nesa liña avanzaremos, senón non tardaremos moito en comprobar que o Goberno non entendeu o diálogo social”.