venres, 10 de marzo de 2017

RUEIROS PARA A IGUALDADE


Impulsar o Dialogo Social e a Negociación Colectiva para a adopción efectiva de medidas de igualdade no emprego das mulleres, a eliminación de todas as brechas de xénero e a violencia contra as mulleres.
Reverter as regresivas reformas e recortes levados a cabo durante a anterior lexislatura e adoptar novas medidas, sendo prioritaria a consecución dun Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a elaboración e posta en marcha dunha Lei de Igualdade Salarial, así como un mellor desenvolvemento da normativa de igualdade que sirva de forma real ao logro da eliminación da discriminación e desigualdade das mulleres no acceso ao emprego, o seu mantemento e promoción, e que contribúa de forma decisiva a mellorar a calidade no emprego das mulleres.
Avanzar en políticas de conciliación e corresponsabilidade entre mulleres e homes, de forma que o custo social e laboral dos coidados de menores e maiores non recaia exclusivamente sobre as mulleres.

  • ​Establecer como competencia dos representantes dos traballadores e traballadoras, a de recibir información sobre as retribucións e sobre a composición do persoal con carácter periódico semestral, na que se detalle a retribución completa media de mulleres e homes, desagregado por grupos, categorías e/ou niveis profesionais, así como a distribución do persoal por sexos en cada grupo, categoría e nivel profesional  e sobre os ascensos e promocións profesionais.
  • Establecer que a Autoridade Laboral actuará de oficio ante o órgano xudicial competente cando se constate que no seu ámbito de aplicación, e durante a vixencia do convenio colectivo, a media de percepcións salariais e extra-salariais, dos traballadores dun e outro sexo, supera en máis de vinte puntos porcentuais ao dos traballadores do outro sexo, co fin de determinar se existe unha discriminación salarial directa ou indirecta. 
  • Propoñer ao Pacto de Toledo o estudo cuantificado das desigualdades e discriminacións de xénero no sistema de protección social así como das posibles medidas de corrección das mesmas a curto e medio prazo e no seu caso con cargo a financiamento complementario.
 PAN E ROSAS