mércores, 22 de agosto de 2018

XUVENTUDE






 

 A mellora da situación económica tampouco está chegando aos máis mozos e mozas que sofren máis desemprego, máis temporalidade e menores salarios

A temporalidade entre as persoas máis mozas xa é do 51% e máis do 21,1% soportan contratos a tempo parcial. A brecha salarial acada o 22% froito da precariedade e parcialidade

​As mozas e os mozos galegos, a pesar do seu bo nivel formativo, soportan taxas de paro superiores ao resto da poboación, fortísimas perdas de poboación activa polo efecto desánimo, altas taxas de parcialidade e temporalidade e salario moito máis baixos. Isto conduce a unha situación de vulnerabilidade que urxe corrixir co fin de consolidar un mercado laboral máis xusto para todos, áxil e eficiente. Sobre todo, nun contexto de crecemento económico, é necesario que este chegue a todos, incluídas as persoas máis mozas que, finalmente, son o futuro do poaís e as que marcarán o rumbo do mercado laboral de cara aos vindeiros anos.