O descenso do número de demandantes de emprego en Galicia non pode ocultar a realidade de taxas de desemprego insoportables
O risco de exclusión social segue a medrar. Xa son 130.000 persoas en Galicia que nin perciben subsidios nin axudas.As previsións de bos resultados en termos macroeconómicos non bastan para asegurar unha recuperación do mercado laboral
UGT-Galicia saúda os datos de inscritos como demandantes de emprego do mes de abril, que supoñen para a nosa Comunidade que no mes de abril de 2014 houbo 270.144 persoas desempregados en Galicia, 6.319 menos que no mes anterior, unha caída do 2.3% con respecto ao mes precedente. No Estado hai 4.684.301 persoas desempregadas, caendo en similar medida que en Galicia, o -2.33%. En todas as comunidades autónomas diminúe o paro no mes e interanualmente.
O Sindicato destaca que as previsións de bos resultados en termos macroeconómicos non bastan para asegurar unha recuperación do mercado laboral. O triunfalismo do Goberno en presentar estas previsións como indicativo de saída da crise, chocan frontalmente coas previsións da UE en canto ao comportamento do emprego e os datos que reflectiu a Enquisa de Poboación Activa. Son cada vez máis necesarias políticas activas para rescatar as persoas do desemprego, non chega con rescatar entidades financeiras e cumprir criterios macroeconómicos impostos.
En termos interanuais, cae o desemprego en Galicia en -20.315 persoas o -7%, no Estado, con -304.892 persoas, caída do -6.11%.
En termos interanuais non diminuía dende 2007, tamén é lóxico xa que as cifras de desemprego estaban en máximos.
Abril
|
Variación mensual
|
Variación interanual
|
2004
|
-1,3
|
4,2
|
2005
|
-3,1
|
-1,6
|
2006
|
-3,3
|
-5,7
|
2007
|
-2,8
|
-8,7
|
2008
|
-0,3
|
2,7
|
2009
|
-0,4
|
31,9
|
2010
|
-1,1
|
11,0
|
2011
|
-1,8
|
4,6
|
2012
|
0,3
|
13,5
|
2013
|
-0,3
|
4,6
|
2014
|
-2,3
|
-7,0
|
Hai unha contracción na poboación en idade de traballar pola saída de poboación cara fóra. De feito a caída do desemprego dos estranxeiros representa o 8.7% da diminución interanual do paro en Galicia, hai unha saída de persoas que formaban parte do noso mercado laboral, ante a clara falta de expectativas.
Por sexos, no mes, tanto en homes como mulleres diminúe o paro, caendo o -2.77% nos homes e nas mulleres o -1.83% En termos interanuais, tamén saen máis beneficiados os homes que as mulleres na contracción do paro. Cae máis nos homes, -8.32% que nas mulleres, o -5.72%. No mes e no ano o mercado laboral masculino é o máis beneficiado, de feito a muller representa o 51.6% no total de paro.
DATOS POR PROVINCIAS
Provincialmente no mes cae en todas elas, con maior incidencia na de Lugo-3.02%, na provincia de Ourense, -2.76% e -2.33 en Pontevedra, por debaixo da media galega, A Coruña, -1.92%
En termos interanuais tamén contraese en todas pero por riba da media en Lugo -7.83%, A Coruña, -7.22% e Ourense, -7.02% e por debaixo Pontevedra, -6.55%.
Por idades o paro para os menores de 25 anos situase en 16.574 persoas, o que supón un ha caída de 723 persoas no mes, o -4.18%. En termos interanuais hai unha caída moi elevada, o 19.52%, o “por que” desta caída podemos atopala na saída de efectivos da nosa comunidade. Hai -4.019 parados menos deste tramo de idade nun ano.
No mes, por sectores, cae en todos os sectores, 4.140 desempregados menos nos servizos e -1.227 na construción.
Interanualmente, para comparar datos homoxéneos, cae na Construción nada menos que o 16.3%, o 37% da diminución interanual do paro dáse na construción. Cae na industria tamén con contundencia, o -6.8% e no Colectivo Sen Emprego Anterior, o -6.8% (saída de efectivos)
CONTRATACIÓN
O número de contratos rexistrados en Galicia durante abril foi de 57.854, medrando considerablemente, 13.32%, con respecto a marzo, este mes de abril foi Semana Santa, a contratación vese fortemente afectada pola conxunturalidade.
Neste mes hai unha subida importante da contratación indefinida ( o 19%) con 903 contratos máis, levándose a cabo un total de 5.678, pero o groso da contratación segue sendo de carácter temporal, con 52.176 contratos, medrando 5.896 no mes, o 12.74%. Isto segue demostrando que a meirande parte da contratación é precaria, xa que só o 9,8 por cento dos contratos novos son indefinidos.
No ano tamén fortes subidas da contratación, tanto indefinida como temporal, pero hai que lembrar que a Semana Santa o ano anterior foi en marzo, polo que é lóxico que este ano as subidas sexan maiores, ao partir este ano dunha situación máis favorable para a contratación.
130.000 PERSOAS EN GALICIA SEN NINGÚN TIPO DE PRESTACIÓN OU AXUDA
Preocupante cifra do número de beneficiarios con prestacións en Galicia son 146.625 en marzo (entre prestacións contributivas, subsidio e renda activa de inserción). A taxa de cobertura cae ao 57.61%, no estado é algo máis elevada, o 58.93%.
Hai aproximadamente 130.000 parados sen ningún tipo de cobertura, desempregados e desempregadas galegas que non perciben ningunha axuda estando en fortísimo risco de exclusión social. Son un 3 por cento máis que hai un ano, no que a taxa de cobertura era do 61,3 por cento.
A media de afiliados á Seguridade Social é realmente preocupante, tan só 909.493 no mes de abril en Galicia o que supón un aumento de nada menos que 3.443 (0.38% máis) no mes e manténdose con respecto ao mesmo mes do ano anterior ao medrar tan só en 614 a afiliación o 0.07%
No Estado as subidas de afiliación son moito máis acusadas, 0.82% no mes e 1.22% internualmente.
En conclusión, as cifras do desemprego están afectadas pola conxunturalidade por mor da Semana Santa. A recente publicación das cifras da EPA ofrecen unha imaxe moi diferente, un mercado laboral con serias dificultades.