venres, 31 de maio de 2013

NOVAS. 31/05/13.



 

 

"funciona correctamente"

Os grupos parlamentarios non ablandan á Xunta no decreto do plurilingüismo, que terá 'axustes'

O secretario xeral di que a postura segue sendo a mesma, aínda que anota os "novos datos" achegados // PSdeG e BNG piden "facer un decreto novo" e o PPdeG ofrece apoio á Xunta para o diálogo

boas perspectivas

2013 será un "moi bo ano" de produción para a planta de Citroën en Vigo

O novo C-Elysée está a experimentar unha demanda por enriba das estimacións

mala nota

A axencia S&P advirte do alto endebedamento e elevado déficit en Galicia

Espera que continúen os recortes e confirma o seu rating

SITUACIÓN DELICADA

A Xunta inxectará uns 4 millóns en Pescanova, que terá un prazo dun ano para devolvelos

Feijóo erixe a achega en "sinal da confianza do propio pobo" na compañía e espera contribuír a garantir a súa viabilidade

agarda unha resposta positiva

Feijóo acusa á UE de castigar a Galicia co 'tax lease' do naval

Mato traslada ao comisario europeo de Emprego a súa "preocupación" pola posible devolución das axudas

ROMPERON A PORTA DE ACCESO

Os traballadores do naval de Ferrol queimaron neumáticos nas Pías - FOTO: KIKO DELGADO

Traballadores de Navantia toman o Concello de Ferrol e obrigan a suspender o pleno municipal

Un policía local resulta ferido por cortes de cristais e o edil popular Diego Calvo foi zarandeado

estaleiros en perigo

Barricadas de lume dos traballadores do naval de Ferrol pechan o paso na ponte das Pías

 

Máis de 3.000 obreiros toman as rúas de novo para pedir carga de traballo

 

Os trens perden peso

Galicia perderá 72 frecuencias de ferrocarril polos axustes en Renfe

Fomento di que Renfe "está a racionalizar" trens de media distancia para non ofrecer servizos sen demanda // Aragón, Andalucía e Castilla e León negocian co ministerio custear algúns servizos mentres Galicia rexeita subvencións sen resultado

A PRESIDENTE DO SUPERVISOR DIXO QUE SE XESTIONOU COMO "UNHA EMPRESA CON AMO"

De Sousa afirma que a CNMV "terá tamén que responder dos seus erros" en Pescanova


UN 1,7% EN TERMOS INTERANUAIS E UN O,4% NO PRIMEIRO TRIMESTRE

A Xunta destaca o mellor comportamento da economía galega, que retrocede tres décimas menos que a media española