
Con motivo do 8 de
marzo, Día internacional da muller traballadora

UGT Compostela-Barbanza
presenta o Informe sobre a situación socio-laboral da muller no Barbanza

- Con motivo da conmemoración, o día 8 de marzo, do Día internacional da muller traballadora, a secretaria de Políticas Sociais e Igualdade Manuela Allo presentará o análise sobre a “Situación da muller nesta Bisbarra”.
Os actos a desenvolver son os seguintes:
12:00 horas. Paro das mulleres traballadoras, fronte a sede por mor do “nulo compromiso do goberno na erradicación da violencia de xénero e das políticas de igualdade, efectiva, no marco socio-laboral”.
Mesa Redonda sobre a situación da muller no Barbanza, contando coa a
presenza da Sª de Políticas Socias e Igualdade e o Sº de Emprego, Formación e
Saúde Laboral desta Unión.
- Entregarase un informe sobre a situación da muller no eido do Barbanza.

Para rematar, estes actos, se fará entrega da “Estatuilla” 8 de Marzo 2017 a unha traballadora do Barbanza, destacada na súa labor na defensa dos dereitos de igualdade e laborais da muller.
Margarita
Vidal Ozores, coñecida como Marga. Afiliada a UGT desde o ano 2001. Filla de
labradores, aos cales a terra curte, é a pequena de tres irmáns que sempre, ou
case sempre, estiveron vinculados ao mundo de conserva.


Non ano
2004 a firma conserveira, deixa Cabo de
Cruz trasladando o persoal a Boidón, fai unha reorganización da produción e a
nosa compañeira pasa a Escurís, na Pobra. Desde esta data exerce as funcións de
encargada de almacén, na sección de acondicionados, como se chama hoxe en día
(cousa da globalizade).

A nosa
compañeira nunca esquecerá que pertence a un sector reivindicativo, no cal a
muller é pedra angular. Pedra forte, recia,
achegada a terra e o mar, esa muller galega pasado, pobo, presente,
alma e futuro de Galicia.
Por iso,
non é fortuíto, sempre figura nas listas do sindicato ao que tanto achegou.
UGT.
[…] “Galicia é unha muller.
Galicia, néboa imprecisa,
río ó que nun se lle ve o fondo,
dor que nos manca,
casa de canteira tan velliña,
ten nome femenino,
un nome moi fermoso de muller.
Galicia, nosa nai,
nosa dona,
nosa irmá,
nosa amiga.
Galicia noso desacougo
e nosa vida.
Tódalas nosas mulleres son Galicia:
voz que nos chama e nos arrola,
luz que nos aluma,
amor que nos acende;
tenrura que aceiamos
e nos compre.
¡Esperanza ergueita
cara un futuro limpo,
noso,
que agardamos! […]
******************************