mércores, 24 de xaneiro de 2018

LEI DE IGUALDADE







UGT, xunto con outras 26 organizacións e sindicatos, subscribiron un documento no que esixen a urxente aprobación da Lei de Igualdade LGTBI, actualmente en proceso de tramitación parlamentaria.

 “Como organizacións da sociedade civil, estamos comprometidas a traballar para a erradicación de todas as barreiras que supoñen unha discriminación e unha vulneración dos dereitos humanos. Confiando en que o compromiso é compartido, instamos a que os deputados e deputadas do Congreso fagan todo o que estea na súa man para que a Lei de Igualdade LGTBI poida entrar en vigor canto antes”, aseguraron as organizacións e sindicatos que subscriben o documento.