O ano da precariedade no emprego
Os datos da EPA do cuarto trimestre de 2017 evidencian que, aínda quebaixa o desemprego, a precariedade, con contratos estacionais, altastaxas de emprego parcial de carácter involuntario e paro de longaduración segue a ser a tónica dominante.
Entrando
de cheo cos datos, estes evidencian que no cuarto trimestrede 2017, con
respecto ao trimestre anterior, dáse unha contracciónda ocupación do
1,56 por cento en Galicia, 16.700 ocupados menos. Enrelación a hai un
ano a ocupación mellora un 0,59 por cento nestaComunidade, aínda que moi
por debaixo das cifras estatais, do 2,65por cento.
Aínda
así, as cifras de ocupación son de 1.055.800 persoas, cunhataxa do 45,2
por cento (49,1 por cento no Estado), moi afastada dosvalores previos á
crise, con taxas superiores ao 50 por cento.
MENOR DINAMISMO DO MERCADO LABORAL GALEGO
O
desemprego aumenta en Galicia no trimestre en 400 persoas, o 0,20por
cento. No ano cae o 10,82 por cento en Galicia e o 11,12 porcento no
Estado. Hai en Galicia 182.100 persoas en situación dedesemprego,
segundo datos da EPA, cunha taxa de paro do 14,7 porcento, fronte ao
16,55 por cento do resto do Estado. Esta diferenza,a favor da Comunidade
galega, que podería ser un dato positivoconvértese en negativo porque
ven causada polo menor dinamismo domercado laboral galego, inmerso nun
profundo cambio estrutural polacaída poboacional, especialmente no eido
da poboación activa.
- 94.600PERSOAS LEVAN MÁIS DUN ANO NA PROCURA DE EMPREGO
- 66.100VIVENDAS CON TODOS OS ACTIVOS NO PARO E 32.600 SEN INGRESOS. ARECUPERACIÓN NON CHEGA ÁS FAMILIAS
- MULLERESE MOZOS, OS MÁIS PERXUDICADOS
- UNHA TAXA DE TEMPORALIDADE DO 26,77 POR CENTO
- O 58,1POR CENTO DOS CONTRATOS PARCIAIS SON INVOLUNTARIOS