A concelleira
de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiu
esta mañá unha nova xuntanza da Mesa polo Emprego para dar conta do
desenvolvemento do FIE 2016 (Foro da Innovación no Emprego), que terá
lugar os días 15 e 16 de xuño no Palacio de Congresos.
A
Mesa polo Emprego é un órgano de participación municipal no que están
representados os principais axentes sociais vinculados a este ámbito:
USC, Sindicatos (CC.OO) // (UGT), Cámara de Comercio, Plataforma polo Emprego, Asociación
de Empresarios do Polígono do Tambre e a Asociación Hostalería
Compostela.