
O PIB crece, pero reflicte unha tendencia descendente da actividade económica
Os datos de Contabilidade Nacional do segundo trimestre de 2018 mostran un aumento do PIB do 0,6% respecto ao trimestre anterior e un 2,5% en termos anuais.
- A pesar diso, a nosa economía mostra unha desaceleración evidente, debido ao aumento de prezos en artigos de primeira necesidade, a mala calidade do emprego e os salarios e o descenso dos niveis de consumo das familias.
- UGT reclama un cambio de estratexia económica, baseado no aumento da creación de emprego de calidade, o incremento dos salarios en base ao IV AENC e a implementación dun Plan Estratéxico para a Industria que expanda as actividades que máis valor engadido xeran.