luns, 1 de outubro de 2018

PENSIÓNS









Con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, CCOOe UGT convocan a próxima semana concentracións en todo o Estado. En Galicia terán lugar o martes, día 2 de outubro. Con esta acción,ambos os dous sindicatos denuncian que as medidas adoptadas paracombater a crise só serviron para empobrecer a amplos sectores dapoboación, especialmente as persoas de máis idade.
Desde UGT e CCOO lembran que o colectivo de persoas maiores é «moivulnerable» a políticas de recortes, e máis cando progresivamentese converten no principal sostén das seguintes xeracións. Hoxe endía, as pensións supoñen a principal fonte de ingresos da cuartaparte dos fogares.
Maliaque a revalorización das pensións vén recollida no artigo 50 daConstitución como un principio reitor da política económica, ocerto é que a única fórmula de revalorización automática quegarantía por lei o mantemento do poder adquisitivo das pensións foia nacida do Acordo de Pensións de 1996, ligada daquela á inflación,e que estivo vixente ata a reforma unilateral imposta polo Goberno doPP en 2013. CCOO e UGT defenden o marco de negociación establecidono Pacto de Toledo e esixen que as pensións se revaloricen co IPC.