— No ámbito da negociación colectiva,
e andando xa o mes de febreiro, non foi posible aínda consensual o díxito de
aumento salarial para este ano, tal e como se establecía no III AENC (III Acordo para o Emprego e a Negociación
Colectiva). Os aumentos dos últimos meses sitúan a taxa interanual do IPC
no 3 % en xaneiro, prexudicando a capacidade de compra dos fogares. A proposta
das organizacións empresariais (aumentos de «ata o 1,5 %») resulta inaceptable, xa que suporía a perda de poder de compra
dos traballadores e as traballadoras nun contexto de expansión da actividade e
dos beneficios empresariais. Os sindicatos CCOO e UGT fixemos unha proposta que
compatibiliza a mellora de competitividade empresarial coa mellora dos salarios
reais: subas do 1,8 ao 3 %, con cláusula de revisión para evitar que o aumento
do IPC por riba da previsión prexudique o pactado. Cómpre coñecer canto antes
se, no marco do III AENC, é posible o acordo coas organizacións empresariais
sobre o aumento salarial de convenio para 2017, pactando un incremento que lles
permita ás asalariadas e asalariados do noso país gañaren poder de compra e
recuperaren parte do perdido desde 2009.
— A redución do desemprego é
demasiado lenta, e non se ataca axeitadamente o paro de longa duración, que
afecta a máis de 119.000 persoas en Galicia.
— Hai que dar resposta ao paro
xuvenil, que alcanza o 40 % da poboación activa galega menor de 25 anos.
— A precariedade laboral non só non
se reduce, senón que aumenta, consolidando un modelo de crecemento insostible,
baseado en emprego de baixa calidade, inestable e pouco produtivo.
---Necesitamos outro marco laboral
que promova o emprego estable e de calidade, o que pasa por derrogar as últimas
reformas laborais.
— A taxa de cobertura das prestacións
por desemprego caeu 16 puntos porcentuais nos últimos sete anos.
— O importe medio da pensión en
Galicia é de 771,34 euros. Por riba, o sistema de revalorización actual vai
provocar que os pensionistas perdan poder adquisitivo decontino nos próximos
anos.
— Na sanidade reduciuse a cobertura
universal.
— Como consecuencia de todo o
anterior, España é o país da OCDE onde máis aumentou a desigualdade desde o
inicio da crise, só por detrás de Chipre, e tamén os niveis de pobreza e
exclusión social, que afectan a 13,4 millóns de persoas.
UGT e CCOO imos trasladar
esa urxencia a todos os ámbitos de negociación abertos, para acelerar os ritmos
e mellorar os seus contidos. E, se os procesos non avanzan como é debido, proporemos
as medidas de mobilización e presión.