luns, 8 de marzo de 2021

8 MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

 


INFORME DO MERCADO LABORAL

8 de marzo

Día Internacional da Muller Traballadora

 

Os datos reflectidos neste informe, ademais de mostrar a desvantaxe das mulleres con respecto aos homes no cómputo laboral da Unión e das Comarcas que a conforman, testemúñanse, tamén, os efectos da pandemia nas principais variables do  laboral: afiliación á Seguridade Social, paro rexistrado, contratación rexistrada e pensións.

Salientemos do mesmo os seguintes puntos, principiando por Compostela:

  • Diferenza de + 3 puntos entre a contratación masculina fronte a feminina.
  • A presenza da muller no ámbito laboral e menor ca do home (48,6%), sendo similar a que se produce Galicia (do 48,5 %).
  • O desemprego de longa duración (persoas que levan máis dun ano no contorno de paro) é dunha relación dun 60,7 % no eido feminino fronte ó 39,3% no masculino.
  • Esta diferenza tamén dáse, en proporcións similares, nos contratos a tempo parcial.
  • No eido das pensións márcase unha tendencia semellante cunha fenda de xénero entorno, case a un 19% ( máis do 50% das mulleres cobran unha media de 830,33 € fronte os 1022,99 dos homes) estamos a falar de 192,66 € mes.

 Barbanza:

  • + 1,5 puntos de diferenza na contratación.
  • Volume da mesma tamén e diferente, estamos a falar de 14.804 traballadoras fronte as 49.367 na contorna de Compostela. Loxicamente o poboamento e inferior.
  • Como sucede no ámbito territorial da Unión a COVID-19 elevou as porcentaxes do desemprego, tanto feminino como masculino. Incidindo máis na muller. 
  • O desemprego de longa duración é dun 63,2%  nas mulleres e de un 36,8% nos homes sobre a base total de persoas desempregadas que é de 1960 (1239 mulleres e 722 homes).
  • A contratación indefinida é dun 9,9 % nos homes e inferior nun 7,9% nas mulleres. Tamén lembremos que  a maioría de contratos e a tempo parcial, feito extensible o marco feminino como masculino (28,9% desta tipoloxía de contrato feito a mulleres por un 18,8% os homes).
  • No marco das pensións as diferenzas sitúanse en 304,95€ o mes (os homes teñen unha media de cobro de 1051,55€ as mulleres de 746,60€).

 

Apreciacións:

  • A creación de emprego temporal se agudiza coa pandemia. Dándose unha destrución de emprego fácil e masivo.
  • As consecuencia das desigualdades da vida labora, entre homes e mulleres, é evidente e provoca as diferenzas subliñadas.


PREME