Un Primeiro de Maio importante, porque ten que
supoñer un punto e aparte, ten que converterse nunha chamada de
atención, nunha advertencia, dirixida aos empresarios e gobernos para
que retomen o diálogo e muden as políticas, o contrario significará
intensificar o calendario de mobilizacións co fin de recuperar os
dereitos perdidos e conseguir un reparto máis xusto da riqueza que se
está a xerar.
Baixo o lema “É tempo de gañar.
Igualdade, mellor emprego, maiores salarios e pensións dignas”, UGT e
CCOO queren que esta data se converta nun berro unánime da cidadanía
galega aos gobernos do PP en Madrid e en Galicia porque levamos catro
anos de crecemento económico, hai máis empresas con beneficios que antes
da crise e, sen embargo, a desigualdade e a pobreza está a niveis moi
superiores aos que había antes de 2008.
José
Antonio Gómez considera que son responsables desta situación as
políticas económicas do crecemento da precariedade e a desigualdade. A
devaluación salarial e a precarización das condicións de traballo,
promovidas pola reforma laboral, fomentan unha recuperación baseada nun
reparto desigual da riqueza e fomenta un modelo de crecemento asentado
en actividades pouco produtivas.
CADRO DE MANIFESTACIÓNS DO 1 DE MAIO
LOCALIDADE
|
HORA
|
SAÍDA
|
A CORUÑA
|
12:00
|
Praza de A Palloza
|
SANTIAGO
|
11:30
|
A Alameda
|
FERROL
|
12:00
|
Praza do Inferniño Porta Nova
|
LUGO
|
12:30
|
Ronda da Muralla (diante de Sindicatos)
|
VIVEIRO
|
12:00
|
R/García Doriga (diante de Sindicatos)
|
OURENSE
|
12:00
|
Pavillón dos Remedios
|
PONTEVEDRA
|
12:00
|
Praza da Ferrería
|
VIGO
|
11:30
|
Cruzamento de Urzáiz coa Vía Norte
|
VILAGARCÍA
|
12:00
|
Praza Ravella
|