O novo recorte do Goberno, que supón a eliminación das axudas á pequena e mediana empresa para plans de igualdade, para avanzar na equidad salarial e para realizar posgraos de estudos de xénero e actividades nesta materia dentro do ámbito universitario, demostran o que lle importa ao Goberno a igualdade en xeral, e a de xénero en particular. É dicir, nada.
A supresión destas axudas e subvencións está
vinculada á orde do Ministerio de Facenda de adiantar ao 20 de xullo
o peche do orzamento de gastos e operacións non orzamentarias de
2016 co obxectivo de limitar o gasto público e cumprir co déficit.
Estes recortes súmanse aos efectuados, na
lexislatura do 2012 ao 2016, que alcanzaron o 20,9% (porcentaxe
que se eleva a un 47,6% con respecto do orzamento de 2009,
última referencia antes dos recortes). O insignificante e
insuficiente aumento do 6,3% nos Orzamentos Xerais previstos para
2016 nas políticas de igualdade e na loita contra a violencia de
xénero, tras os durísimos recortes, están a ter un impacto
moi negativo e directo nas políticas de igualdade e contra a
violencia de xénero.
UGT denuncia que o Goberno, e o seu presidente,
Mariano Rajoy, utiliza a igualdade como bandeira cando interesa
e, á hora da verdade, pretende perpetuar a brecha que a todos os
niveis existe entre homes e mulleres no noso mercado laboral,
reducindo os recursos destinados a este tipo de políticas de
imprescindible xustiza social como é avanzar na igualdade de
oportunidades e dereitos entre homes e mulleres.