CCOO e UGT demandan que os
Orzamentos de 2017 habiliten un proceso de negociación para a
recuperación de dereitos roubados:
- Eliminación da taxa de reposición.
- Ofertas excepcionais de emprego en sanidade, ensino, Administración xeral e laborais.
- Recuperación real e efectiva do poder adquisitivo.
- Concursos de traslados, de xeito sistemático e continuo, en toda a Administración autonómica.
- Recuperación de dereitos suspendidos (IT, acción social, dereitos sindiciais…).
- Estudo e tratamento da repercusión das sentenzas do TXUE sobre o traballo de duración determinada e a aplicación das mesmas.
- As mobilizacións seguirán o seguinte calendario:
-
- 31 de xaneiro: de 11:00 a 12:00 horas CONCENTRACIÓNS diante das sedes provinciais da Xunta de Galicia 8 (A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo).
-
- 6 de febreiro: de 10:00 a 13:00 horas CONCENTRACIÓN diante do Parlamento de Galicia.