Centos de delegados da área pública de UGT e CCOO concéntranse diante do Parlamento de Galicia para denunciar a ausencia de negociación da Xunta e demandar a recuperación dos dereitos roubados
No contexto do calendario de mobilizacións posto en marcha por UGT e CCOO, que se desenvolverá baixo o lema “Servizos públicos. Recuperación de dereitos roubados”, centos de delegados da área pública de ambos sindicatos concentráronse hoxe pola mañá diante do Parlamento galego en defensa do dereito a negociación colectiva e recuperación de dereitos roubados que afecta a ensino, sanidade e Administración autonómica.
Segundo a Xunta de Galicia, este sería
o ano da recuperación, tras máis de oito anos de recortes de
dereitos, rebaixas salariais, destrución de emprego, privatización
de servizos e sacrificios sen fin. O certo é que os Orzamentos
autonómicos para 2017 son máis do mesmo.
CCOO e UGT demandan que os
Orzamentos de 2017 habiliten un proceso de negociación para a
recuperación de dereitos roubados:
- Ofertas excepcionais de emprego en sanidade, ensino, Administración xeral e laborais.
- Recuperación real e efectiva do poder adquisitivo.
- Aplicación do V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia, na súa totalidade.
- Concursos de traslados, de xeito sistemático e continuo, en toda a Administración autonómica.
- Recuperación de pactos e acordos suspendidos.
- Recuperación de dereitos suspendidos (IT, acción social, dereitos sindiciais…).
- Estudo e tratamento da repercusión das sentenzas do TXUE sobre o traballo de duración determinada e a aplicación das mesmas.
Isto foi o que centos de delegados da
área pública de UGT e CCOO demandaron hoxe na concentración que
protagonizaron diante do Pazo do Hórreo en Santiado.