xoves, 3 de xaneiro de 2019

GUÍA DOS NOVOS DESAFÍOS NA CONTORNA DO PRL




Incluída no proxecto “Os novos desafíos da prevención de riscos laborais”, financiado pola Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais

  • A Unión Xeral de Traballadores executou o proxecto “Os novos desafíos da prevención de riscos laborais”, financiado pola Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais. 
  • Dentro do mesmo, elaborouse unha guía sobre o traballo na Economía Colaborativa e a prevención de riscos laborais e 25 fichas de prevención tratando distintos aspectos relacionados cos novos desafíos da prevención de riscos laborais.
  •  Mediante este proxecto, analízase como o uso das novas tecnoloxías, que pode ser moi beneficioso a priori para o traballador, ao facilitar aspectos como a conciliación, está a xerar riscos para a súa saúde, sobre todo riscos psicosociais (tensións, ansiedade, etc.). Ademais, a combinación das novas tecnoloxías coa grave crise que padecemos, e da que aínda estamos a sufrir as súas consecuencias, orixinou o boom da mal chamada “economía colaborativa”. 
  • O termo “economía colaborativa” designa un “caixón de xastre” onde coexisten actividades de distinto tipo, cunha característica común, consistente en que todas estas iniciativas están baseadas nas tecnoloxías da información e comunicación, que permiten a creación de redes sociais e portais onde se poden realizar interaccións entre individuos de forma masiva.
  •  Trátase dun “sistema económico” no que se comparten ou intercambian bens e servizos a través de plataformas dixitais.