O salario mínimo interprofesional (SMI) fixa a contía retributiva mínima que percibirá o traballador referida á xornada legal de traballo, sen distinción de sexo ou idade dos traballadores, sexan fixos, eventuais ou temporeros.
O valor que toma o SMI fíxase cada ano polo Goberno, mediante a
publicación en BOE dun Real Decreto. E para a determinación do mesmo
téñense en conta factores como o IPC, a produtividade media nacional
alcanzada ou o incremento da participación do traballo na renda
nacional.
Para o ano 2019 o Consello de Ministros do 21 de Decembro de 2018 fixou o
Salario Mínimo Interprofesional nos seguintes valores:
- Salario Mínimo diario: 30,00€
Salario Mínimo mensual: 900,00€
Salario Mínimo anual: 12.600,00€ (14 pagas)
SMI Empregados de Fogar: 7,04€ por hora
SMI eventuais e temporeros: 42,62€ diarios
As
novas contías, que representan un incremento do 22,3 por cento respecto
das vixentes entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018, son o
resultado de tomar en consideración de forma conxunta todos os factores
contemplados no citado artigo 27.1 do
texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. O citado
incremento atende á mellora das condicións xerais da economía e ten como
obxectivo previr a pobreza no traballo e fomentar un crecemento
salarial xeneral máis dinámico.

Por último, a subida do salario
mínimo interprofesional é un factor decisivo para que a creación de
emprego e a recuperación económica tradúzanse nunha progresiva redución
real da pobreza en todas as súas dimensións e da desigualdade salarial,
axudando
a promover un crecemento económico sostido, sustentable e inclusivo, co
que España contribúe ao cumprimento da Axenda 2030, en particular das
Metas 1.2 e 10.4 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.