venres, 4 de xaneiro de 2019

ENTREVISTA






O Secretario Xeral de UGT, Pepe Álvarez, foi entrevistado onte no programa “A lume vivo” na Sexta onde sinalou que os datos de paro publicados hoxe polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social poñen de manifesto que se crea emprego pero que este é sobre todo estacional. 
  • Pepe Álvarez destacou que “España necesita emprego estable, sobre bases sólidas sobre todo no sector industrial e no sector servizos, e para iso, entre outras cousas, é necesario incidir na formación profesional, na investigación e o desenvolvemento e reverter os aspectos máis lesivos da reforma laboral”.
  •  
  •  “A derrogación da reforma laboral é a clave para recuperar a negociación colectiva, acabar con estes niveis de temporalidade, e recuperar salarios” engadiu, “pero nunca se nos regalou nada e agora tampouco e se non hai peche de negociacións, decretos e cambios lexislativos que acaben esta situación o ano 2019 será un ano de mobilizacións”.