Guadalupe Álvarez Paz
Afiliada a FEBASO en 1987 (estando
na empresa EULEN como Secretaria do
Director de RRHH) . En 1991, cambia de Sector pasando ao Metal, por traballar na oficina de
Mantemento na Xunta de Galicia (Empresa
EULEN).
Sendo 1996, pasa a traballar para Ferrovial e aínda que sempre estivo
implicada na organización é neste ano cando se presenta coma Delegada, saíndo
elixida.
Chegado o novo século en 2007
pasa á empresa ISOLUX CORSAN e no
2010 á empresa CONCENTRA. En marzo de 2017
intégrase en OHL Servizos INGESAN, na que continúa.
Formou parte da Executiva do Sindicato Intercomarcal
MCA_Compostela-Barbanza, no ano 2000 coma Sª de Formación. No 2004 entra
na Executiva MCA-Galicia coma Sª de
Formación e no 2008 pasaría a ocupar a Sª de muller e mocidade na devandita
executiva. Finalmente, no ano 2014 foi Sª
Nacional, na mesma Federación, ata a súa fusión.
Ademais da súa xestión sindical, é unha compañeira que sempre está ao
carón de calquera persoa que necesite do
seu bo facer, tanto no ámbito sindical como no ámbito social, convencida dende
sempre da necesidade de buscar, de achegar,
de facer visible a Negociación Colectiva e o Diálogo Social como bases sólidas
na procura da defensa dos dereitos, en igualdade, de tódolos traballadores e
traballadoras.