mércores, 7 de marzo de 2018

ASEMBLEA DE DELEGAD@S NO BARBANZA





Con motivo da conmemoración mañá, día 8 de
Marzo, do Día internacional da muller traballadora e a convocatoria da folga
de dúas horas por quenda para denunciar a precariedade que sofren as
mulleres, a violencia machista e a brecha salarial, UGT-Compostela-Barbanza presentou hoxe un informe no que se analiza a situación sociolaboral da muller na Comarca do Barbanza
.
Primeiro, precisar que a realidade descrita correspóndese á comarca de UGT que
se corresponden coas comarcas de Barbanza e de Noia, salvo o Concello de Outes.
Á vista das estatísticas analizadas confírmase, un ano máis, que o mercado laboral feminino segue a manifestar peores condicións que o masculino en todas as súas variables.
A progresiva incorporación da muller ao eido laboral non vén acompañada dunha diminución das desigualdades e discriminacións existentes por razón de xénero.
Lonxe de mellorar a situación, mantense e, incluso nalgúns casos, agudízase.
É necesario resaltar tamén, que unha discriminación máis, é a falta de estatísticas que desagreguen as variables do mercado laboral por sexos, sobre todo cando o ámbito que se quere analizar é por concellos, porque o que non se pode estudar non permite coñecer a realidade, e polo tanto dificulta o establecemento das
medidas necesarias para erradicar as discriminacións