A pesar do crecemento económico, as brechas de xénero no emprego continúan ampliándose
UGT chama á cidadanía galega a secundar a folga de dúas horas por quenda e participar nas mobilizacións porque sobran as razóns
Un ano máis,
o 8 de Marzo conmemórase o Día internacional da muller traballadora
pero este ano vaise converter nun punto de inflexión coa
convocatoria dunha folga de dúas horas por quenda porque as razóns
sobran. Urxe denunciar a precariedade laboral das mulleres, a brecha
salarial e a violencia machista da que son vítimas.
Como
todos os anos, nesta data, UGT-Galicia presenta o informe sobre a
situación sociolaboral das mulleres en Galicia e, un ano máis,
confírmase que o mercado laboral feminino segue a manifestar peores
condicións que o masculino en todas as súas variables.
É
innegable a progresiva incorporación da muller ao mercado laboral
pero, a pesar disto, as diferenzas por xénero persisten. As
estatísticas están aí. As taxas de actividade feminina son 8,8
puntos inferiores ás masculinas e as de ocupación están 8,1 puntos
por debaixo. Pero, contrariamente, a taxa de desemprego é 1,4 puntos
superior no caso das mulleres.
De
feito, tras a equiparación das taxas de paro entre sexos por mor da
crise, as taxas volven de novo a afastarse, o que evidencia que a
tímida recuperación da economía e do mercado laboral segue sen
chegar ás mulleres, volven a quedar excluídas.
- MANIFESTO CONXUNTO DE UGT E CCOO
- MODELO DE ADHESIÓN DE COMITÉS E XUNTAS DE PERSOAL Á FOLGA
- INFORME SOBRE A SITUACIÓN SOCIOLABORAL DAS MULLERES EN GALICIA
- CARTEIS
- Informe situación socio laboral das mulleres en Galicia 2018