O Goberno ten que reverter non só a reforma laboral, senón tamén as formas de actuar e ofrecer unha vontade real de negociación para, desde o diálogo social, restituír aos traballadores e ás traballadoras o seu dereito á negociación colectiva e a negociar e defender os seus intereses no seo das empresas.
Algúns estudos de carácter internacional xa están
a advertir sobre o enfraquecemento provocado nos sistemas de
negociación colectiva de moitos países e as súas repercusións no
empobrecimiento de grandes capas da poboación traballadora, que
perderon condicións de vida e expectativas de mellora para o futuro,
cuestións que se sumaron a outros factores e estanse traducindo en
decisións electorais inesperadas sobre a gobernabilidade dos Estados
e a comunidade internacional.
“É necesario derrogar esta reforma laboral
–tamén a de 2010- e especialmente as medidas de negociación
colectiva que permitiron ás empresas libremente establecer
condicións de traballo que revogan o dereito constitucional dos
traballadores á negociación colectiva e aos dereitos de
información, consulta e participación na empresa”, afirma
Gonzalo Piñeiro. “E negociar unha regulación máis xusta e
equitativa para cuestións como a mobilidade xeográfica dos
traballadores, os procedementos en materia de suspensión e redución
de xornada, ou os mecanismos vixentes para o establecemento e
modificación das condicións de traballo (clasificación
profesional, mobilidade funcional, xornada de traballo, distribución
irregular da xornada, inaplicación de condicións salariais, etc…)