Consolídase en Galicia un modelo de mercado laboral baseado na rotación e a baixa calidade dos contratos e con menos cobertura para os parados
Só o 7,5 por cento da contratación en Galicia é indefinida e a taxa de cobertura segue en mínimos
En Galicia segue a haber máis de 200.000 desempregados
Remata
o mes de decembro de 2016 con 205.914 desempregados en Galicia,
medrando o 1.2% con respecto ao mes anterior, o que representa 2.360
persoas desempregadas máis. Ista é unha evolución moi desfavorable se a
comparamos co sucedido no Estado, no que cae o desemprego nun 2,3%. No
Estado a cifra de desempregados sitúase en 3.702.974, caendo en 86.849
parados menos. Pola contra, Galicia ten unha evolución contraria á do
Estado e a da maioría das CCAA, tan só medra en Cantabria, Galicia e A
Rioxa (de máis a menos, por esta orde).
En
termos interanuais, dende hai catro anos consolídase a contracción do
desemprego neste mes. En Galicia a variación foi de baixada do
desemprego nun 10%, cun total de 22.894 desempregados menos (no Estado
tamén hai unha acusada contracción con 390.534 parados menos, o -9,5%).
Decembro | Variación mensual | Variación interanual |
2007 | 1,5 | -3,5 |
2008 | 5,0 | 22,5 |
2009 | 2,8 | 17,3 |
2010 | 2,4 | 6,5 |
2011 | 1,9 | 8,8 |
2012 | 0,8 | 8,0 |
2013 | 0,1 | -2,8 |
2014 | 1,3 | -7,1 |
2015 | 1,6 | -9,2 |
2016 | 1,2 | -10,0 |
A mellora beneficia aos homes pero perxudica ás mulleres
O
aumento do desemprego, no mes, non repercute de xeito igual nos homes
que nas mulleres, medrando con forza nos homes o 3,7% e caendo nas
mulleres o -0,9 %. A pesar desta evolución as mulleres seguen a ter
maior peso no desemprego, acadando unha porcentaxe do 54,2% do total.
En
termos interanuais cae en ambos sexos, pero como xa se ven
consolidando, a recuperación das cifras de desemprego beneficia moito
máis a homes que a mulleres. Os homes contraen a cifra de desempregados
nun 11,7% fronte á menor caída, o -8,54%, no caso das mulleres. O
mercado laboral, ao retomar unha senda de mellora, beneficia moito máis
aos homes, a desigualdade segue presente. 94.353 desempregados e 111.561
desempregadas no mes.
A saída de mozos a outros países fai que baixe o paro
Por
idades o paro para os menores de 25 anos sitúase en 9.391 persoas,
cunha evolución máis favorable que a do total do paro. Medra no conxunto
de idades o 1.16% e nos menores de 25 anos cae o 4,53%. No ano hai unha
caída tamén máis acusada que no total de idades (a caída de parados
menores de 25 anos é do 17.33%, que son 1.969 persoas desempregadas
menos) fronte ao -10% do total de idades. As razóns desta forte caída
podemos atopala na saída de efectivos da nosa comunidade así como a
falta de relevo xeracional.
No
mes, por sectores, cae nos Servizos e no Sen emprego anterior, o 0,7% e
2,6% respectivamente. É lóxico pola temporada de Nadal que haxa un
repunte de emprego nos servizos, pero medra con contundencia, como ven
sendo habitual neste mes nos últimos anos, na Construción cun 8,61%
máis, o que representa que haxa 1.852 parados máis. Tamén na industria
hai un considerable aumento do desemprego, 1335 parados máis, o 5,52%
No
ano contraese con contundencia en todos eles, en todos os sectores,
destacando a contracción de máis de 12.000 desempregados nos Servizos.
O modelo de mercado laboral galego baséase na rotación e a baixa calidade dos contratos
No
mes rexistráronse un total de 71.509 contratos, proba da rotación que
se dá no mercado laboral galego, xa que o número de asalariados sitúase
en torno a 840.000 persoas. No mes de decembro caen tanto os
indefinidos, nada menos que o 11,5%, como os temporais, que caen o 5,5%.
Tamén cae a contratación no mes, o 6%, e medra o 4,2% no ano. A
porcentaxe de contratación indefinida sobre o total é do 7,5%. Tan só
7,5 de cada cen contratos son de modalidade indefinida, ben sexan
iniciais ou conversións en indefinido.
A
cifra de beneficiarios con prestacións por desemprego en Galicia en
novembro de 2016 (último dato dispoñible), é de tan só 98.059, segue en
valores mínimos. O carácter contributivo desta prestación está en
mínimos, tan só 40.535 son beneficiarios de prestación contributiva. A
taxa de cobertura é do 52,5% no mes, moi por debaixo do 55,7% no Estado.
En Galicia hai 105.495 persoas desempregadas sen ningún tipo de cobertura.
A afiliación á SS tamén por debaixo da media nacional
A
media de afiliados á Seguridade Social é en Galicia de 963.735
afiliados cotizantes en Galicia), 4.809 afiliados menos, o que
representa un 0.5%. Na nosa Comunidade dáse unha evolución contraria á
do conxunto do Estado, contexto no que medra a afiliación nun 0,4%. Con
respecto ao mes de decembro de 2015 medra a afiliación en 1,86%, 17.613
máis. No Estado o incremento é do 3,12%, moi superior ao noso contexto.