MEDIOS DE COMUNICACIÓN: TDT
PARO
UGT valora o descenso de 11.134 desempregados en
Galicia no mes de xuño, o que supón unha caída do 4,2 por cento, aínda
que subliña que se trata de datos acordo coa temporada estival que
reflicte o impulso de actividades terciarias nos meses de verán.



- O
aforro en prestacións das arcas públicas de máis do 18 por cento, en
relación a hai un ano, obriga ás administracións a arroupar dalgún xeito
aos 128.000 parados sen cobertura que hai en Galicia
-
- Urxe un plan de recuperación laboral que potencie o emprego, a formación e a protección por desemprego
-
- Santiago,
2 de xullo de 2014.- UGT-Galicia valora o descenso de 11.134
desempregados en Galicia no mes de xuño, o que supón unha caída do 4,2
por cento, aínda que subliña que se trata de datos acordo coa temporada
estival que reflicte o impulso de actividades terciarias nos meses de
verán.
-
- Ademais,
o Sindicato advirte de que continúa o descenso da poboación activa polo
efecto desánimo e que a precariedade continúa extendéndose, tan só o
7,28 por cento do total da contratación rexistrada no mes de xuño é de
carácter indefinido. Ao que lle hai que sumar 128.000 parados sen ningún
tipo de cobertura. Por todo isto, UGT-Galicia considera que urxe que o
Executivo abra un proceso de diálogo para lograr un plan de recuperación
laboral que potencie o emprego, especialmente no caso dos colectivos
con maiores dificultades, a formación e se estenda e garantice a
protección por desemprego a todos. Hai que lembrar que o gasto en
prestacións por desemprego segue diminuíndo porque cada vez hai menos
gasto público en cobertura de desempregados. Así, en Galicia no mes de
maio o gasto foi de 113.716.000 euros, cando hai un ano este era de
139.616.000, o que supón un descenso do 18,6 por cento.
-
- Segundo
os datos feitos públicos hoxe, no mes de xuño rexistráronse 252.310
desempregados en Galicia, 11.134 menos que no mes anterior e 21.124
menos que hai un ano. Comportamento similar ao resto do Estado onde
baixou no mes nun 2,7 por cento e no ano nun 6,59 por cento.
-

- Tamén
se detecta unha contracción na poboación en idade de traballar. Sobre
todo, pola saída dos mozos na busca dun futuro mellor e polo retorno de
inmigrantes cara o seu país de orixe ante a falta de expectativas aquí.
De feito, hai que subliñar que a caída do desemprego entre os
estranxeiros representa o 7 por cento da diminución internanual do paro
en Galicia. No relativo aos máis mozos, o desemprego entre os menores de
25 anos baixa interanualmente nun 16,54 por cento, unha caída moi
forte.
-

- Por
sexos, no mes o paro baixa tanto en homes como en mulleres. O 4,25 por
cento entre os homes e o 4,21 por cento entre as mulleres. En relación a
hai un ano, baixa máis no homes, o 9,5 por cento, e o 6 por cento entre
as mulleres.
-

- Provincialmente,
o desemprego descende en todos os territorios. O 5,6 por cento en Lugo;
4,4 por cento en A Coruña; 4,16 por cento en Ourense; e o 3,78 por
cento en Pontevedra. A comparativa co ano anterior tamén é positiva para
todas as provincias.
-

- Tamén
diminúe o desemprego en todos os sectores. Nos que máis, en servizos,
en 6.884 persoas, polo efecto das contratacións estivais, e na
construción, en 1.740 persoas. En relación ao ano 2013, o paro baixa nun
19,2 por cento na construción, na industria no 10,2 por cento e no
colectivo de sen emprego anterior nun 7,61 por cento, polo efecto, neste
último caso, da saída de efectivos xa comentada en parágrafos
precedentes.
-

- En
canto á contratación, esta medra en xuño nun 18,4 por cento. Aumentando
tanto na indefinida, o 8,4 por cento, como na temporal, moito máis, o
19,2 por cento. No ano tamén se rexistraron fortes subas na
contratación, nun 24,2 por cento. Aínda que as estatísticas reflicten
que a precariedade segue a ser a gran lacra, xa que tan só o 7,28 por
cento do total da contratación rexistrada no mes foi de carácter
indefinido.
-

- En
materia de prestacións, as cifras seguen a ser moi preocupantes. Cifras
que van acompañadas de situacións familiares cada vez máis complexas. O
número de beneficiarios con prestación en Galicia foi de 135.597 en
maio, quedando a taxa de cobertura nun 56,1 por cento, cando hai un ano
era do 60,9 por cento. Hai 128.000 parados sen ningún tipo de cobertura,
co forte risco de exclusión social que isto supón para eles e as súas
familias, incluídos os rapaces, os máis débiles normalmente nestas
situacións.
-

- Tamén
resulta moi preocupante a media de afiliados á Seguridade Social que,
aínda que mellora lixeiramente no mes, crecendo un 0,7 por cento, segue a
estar en tan só 921.667 afiliados.
-
-
-
-
-