MEDIOS DE COMUNICACIÓN: TDT
APOIO A FOLGA DO LIXO EN LUGO
-
- O
pasado luns día 9 de xuño ás 23:00 horas, iniciouse un conflito no
servizo de recolleita de lixo do Concello de Lugo, cuxa empresa
concesionaria é URBASER. Este conflito iníciase porque a empresa
URBASER, en plena negociación do novo Convenio Colectivo, pretende
incumprir o acordo alcanzado no Convenio vixente do ano 2012, rebaixando
aos traballadores tanto as condicións económicas como as condicións
sociais, o que motiva o rexeitamento por parte dos traballadores e a
conseguinte ruptura das negociacións por parte da empresa.
-
- O vindeiro sábado, 5 de xullo, haberá unha manifestación
de apoio aos traballadores da recollida de lixo de Lugo. Esta
manifestación saíra ás 12 horas diante da sede dos sindicatos, en Ronda
da Muralla, co obxecto de solidarizarmos na loita por un convenio digno
que enfronta a estes traballadores coa empresa URBASER.
-
- Produto
desta situación o Comité de Empresa, no cal UGT ten a maioría absoluta e
representación CIG e USO, viuse abocado a convocar Folga Indefinida.
-
- Desde o
inicio da folga a empresa mantivo unha actitude de absoluto pasotismo,
coma se o conflito non fose con ela, a mesma actitude pódeselle achacar
ao Concello de Lugo e máis concretamente á figura do seu alcalde.
-
- Ao
comezo da folga se decretan, por parte do Concello, uns servizos mínimos
do 70% e do 100% o cal vulnera claramente o dereito a folga; isto leva á
decisión, por unanimidade dos traballadores, de incumprir devanditos
servizos mínimos, ante o cal a empresa decide despedir a 12
traballadores, sendo 2 deles membros do Comité de Empresa, e abre
expediente disciplinario a outros 11, que non son outros que os que
compoñen o Comité de Folga.
-
- Desde o
inicio desta folga ata hoxe pasaron 23 días, nos cales produciuse un
intento de mediación por parte do Consello Galego de Relacións Laborais,
á que asistiu o Comité de Folga, pero non se presentou a empresa.
-
- Posteriormente
e en aras de desbloquear esta situación o Comité de Folga, nun último
intento, sentouse a pactar uns servizos mínimos que propiciasen un
achegamento coa o dirección de URBASER, para tratar de resolver esta
situación; pero a sorpresa que recibe o Comité de Folga en plena
reunión, a través dunha chamada dos medios é que todo o comité de folga
está despedido e hai sancionados 66 traballadores, ante esta situación
prodúcese o inmediato abandono da reunión por parte do Comité de Folga.
-
- Debido a que os traballadores
levan xa 23 días de folga, abrimos un número de conta, para recaudar
fondos para os 139 traballadores que manteñen a loita por defender os
seus dereitos.
-
- Nº CONTA: E24 0075 8911 2506 0080 0142
-
-
-
-