xoves, 31 de outubro de 2013

NON A ESTA REFORMA DÁS PENSIÓNS. EMPOBRÉCENOS AGORA E PARA O FUTURO.



                                                                                            




Non a esta reforma de pensións. Empobrécenos, agora e para o futuro”, é a mensaxe central da campaña que inicia mañá UGT para explicar aos pensionistas, traballadores e cidadáns, en xeral, o alcance das propostas do Goberno nesta materia. A campaña, que se difundirá a través da páxina web do sindicato, e a través das redes sociais, inclúe carteis, octavillas e 4 virales. No primeiro video advírtese á poboación contra unha nova síndrome: o PPA (Perda de Poder Adquisitivo) que ataca aos pensionistas actuais e futuros.
 
 
 
Asemade dos videos a campaña do sindicato inclúe carteis e octavillas informativas sobre unha reforma que non era necesaria, nin urxente e que o Goberno quere impoñer a pesar do rexeitamento rotundo no ámbito político e social. Así mesmo, deféndese o actual Acordo de Pensións, cuxa vixencia comezou este ano; rexéitase o factor se sostenibilidad e o Índice de Revalorización que establece o Executivo para recortar as pensións e cóntanse as consecuencias reais da reforma unilateral do Goberno, que rompe todos os consensos. O sindicato afirma que “Baixar as pensións é fabricar pobreza” e demanda á sociedade que se mobilice para que o Goberno retire esta reforma. Neste sentido, reclama” defende as túas pensións, defende o teu futuro”.
 
 
 

 
 
 
 
 Precisamente, hoxe iniciouse un proceso de reunións con todos os grupos parlamentarios para trasladar o rexeitamento á reforma proposta polo Goberno e esixir a súa retirada.