venres, 19 de outubro de 2018

IGUALDADE








A proposición de lei para garantir a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, tomada en consideración no Congreso, recolle varias das propostas de UGT e é un paso importante no camiño cara á igualdade.

► Con todo, hai que ir máis aló e avanzar, no marco do diálogo social para conseguir a equiparación real entre mulleres e homes nos centros de traballo. 
► UGT aproveitará a tramitación parlamentaria para que, durante o proceso de emendas, poida mellorarse o contido desta norma.

  • Esta proposición de lei para garantir a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación foi presentada o pasado mes de setembro polo PSOE, e recolle parte das propostas de UXT como: que se defina, de forma expresa, os conceptos de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes; que se garanta por lei a igualdade no acceso ao emprego, á formación, á promoción profesional e ás condicións de traballo; ou que se prohiba, expresamente, calquera tipo de discriminación, directa e indirecta, por razón de sexo, incluído o acoso sexual e o acoso por razón de sexo. 
  • Así mesmo, inclúe a obrigación de establecer accións positivas no emprego e a ocupación por parte dos poderes públicos, e o deber de negociar accións positivas a favor das mulleres cando se demostren situacións patentes de desigualdade na negociación colectiva. Cuestións que forman parte das reivindicacións recollidas no programa de acción do sindicato no 42º Congreso Confederal.