martes, 23 de outubro de 2018

FUCIÓN SOCIAL DA VIVENDA









Unha sentenza do Alto Tribunal coincide coa reivindicación de UGT 

• O Alto Tribunal rexeita así o recurso de inconstitucionalidade interposto polo PP á Lei de Vivenda do País Vasco, aprobada a iniciativa do PSE, EH Bildu e UPyD

• A sentenza faculta ás Administracións Públicas a intervir se unha vivenda non cumpre a súa función social (se está deshabitada de forma continua ou sobreocupada). 

• UGT defende o dereito a unha vivenda digna, adecuada e accesible como un auténtico dereito subxectivo. 

A Unión Xeral de Traballadores valora a sentenza do Tribunal Constitucional 97/2018, do 19 de setembro, onde se reitera a función social que desempeña a vivenda como necesidade vital para o ser humano, por canto condiciona o goce doutros dereitos esenciais para levar unha vida digna.