xoves, 18 de outubro de 2018

ALCOA



UGT esixe a retirada do expediente e nega a existencia de causas produtivas que xustifiquen o peche das plantas da Coruña e Avilés.

  • A Federación de Industria, Construción e Agro de UGT manifesta o seu rexeitamento total ao expediente de extinción comunicado hoxe pola multinacional americana aluminera Alcoa aos representantes legais dos traballadores, das plantas na Coruña e Avilés. 
  • O sindicato esixe a retirada do ERE por non existir ningunha causa que o xustifique, e por entender que as motivacións alegadas pola empresa non son reais. Xustificar en causas produtivas o peche de instalacións no noso país non se axusta á realidade das factoría e ademais, esta foi tamén a xustificación do anterior ERE que presentou a compañía e que ela mesma, tácitamente, recoñeceu como inexistente, cando optou pola retirada do expediente presentado a finais do ano 2014, motivado na mesmas falsa xustificación.
  • UGT manifestou en diversas ocasións a inconsistencia do mercado enerxético español e que debía producirse un cambio de modelo, pero esta inconsistencia non valida a presentación dun ERE nestes momentos dado que, por unha banda, mantense para o ano 2019 o sistema da asignación de interrumpibilidad, tal e como vén levándose a cabo desde o ano 2012, e, doutra banda, os Orzamentos Xerais Estado garanten a perfección da compensación por redución de CO2, pendente soamente de realizar a asignación. 
  • O sindicato reitera, por tanto, a súa total oposición a este ERE e esixe a súa retirada polas causas enumeradas anteriormente, pois de permitir levar a cabo, o noso país perdería a produción de aluminio fundido e dependeriamos de terceiros países para este sector fundamental para a economía española.