luns, 10 de setembro de 2018

SECTOR ELÉCTRICO











UGT insta o Goberno a que poña coto ás subidas desproporcionadas e inxustificadas do prezo da luz, que se repiten cada ano e que cada ano son noticia porque baten o seu propio récord. A nova subida da luz supón outra agresión á xa fráxil economía doméstica, especialmente aos fogares máis vulnerables. 

O sindicato insiste nas súas propostas, entre elas, a necesidade de reducir a fiscalidade da electricidade, igual que doutras subministracións básicas, e aplicar un IVE súper reducido, por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía. 

O Secretario Xeral de UGT, Pepe Álvarez, manifestou que “o que está a ocorrer neste país é un escándalo. É unha verdadeira vergoña que o prezo da luz aumente case un 25%. Non hai razón para que isto sexa así. Bo hai unha: que as empresas eléctricas pásanse polo forro as indicacións, as obrigacións que teñen coa sociedade”. 

Por iso, instou ao Goberno para “regular o sector eléctrico e o tema da enerxía de maneira drástica, porque, a diferenza do que ocorre en Francia ou Italia, España non ten unha empresa pública de referencia no sector enerxético. Eses erros hai que emendalos tentando que o sector público participe nalgunha eléctrica, e cunha regulación estrita que nos permita superar esta situación”.