
A Comisión Europea estima que en 10 anos, máis da metade dos empregos
actuais sufrirán un impacto directo pola automatización das tarefas
► O proceso de maquinización virá acompañado dunha
polarización entre salarios baixos e altos e provocará unha crise nos
salarios medios.
► Os mozos e a forza laboral en España necesitan formación para
desenvolverse nunha contorna altamente tecnolóxica e evitar a destrución
de emprego.
A emerxencia que as novas tecnoloxías van ter sobre o emprego é unha
evidencia innegable, e que mesmo organizacións tan pouco sospeitosas de
ser alarmistas como a Comisión Europa xa admiten de forma clara,
advertindo das consecuencias negativas da maquinización tanto sobre o volume como pola forte deterioración que terán sobre a calidade do emprego.
No Estudo anual sobre a evolución social e do emprego en Europa ( ESDE)
elaborado pola propia Comisión Europa, pon o acento nos novos desafíos
que entrañan sobre o mercado de traballo a automatización e a
dixitalización, destacando o papel que van desempeñar os robots e a
intelixencia artificial.
Ata tal punto van influír estas novas tecnoloxías no mercado de traballo
que a Comisión estima que se se aplicasen directamente sobre os actuais
procesos de produción máis do 30% dos actuais postos de traballo serían
completamente automatizados e outro 25% o serían parcialmente. Ambas as
previsións supoñen que máis da metade dos actuais empregos sufrirán un
impacto directo pola automatización de tarefas nos próximos 10 anos.