martes, 26 de xuño de 2018

PREACORDO AENC











A repartición da riqueza ten como un dos seus principais instrumentos neste principio de acordo unha subida salarial nos tres anos de vixencia do acordo do 2%, máis un 1% adicional relacionado coa produtividade, resultados empresariais e outros factores, e o establecemento antes do 2020 dun salario mínimo en convenio de 14.000 euros ao ano (ou 1.000 euros ao mes por catorce pagas). Son medidas dirixidas a recuperar o poder adquisitivo perdido polos traballadores, pero dunha maneira moi especial son un compromiso cos mozos e ás traballadoras, quen sofre maiores cotas de desigualdade e precariedade.