Votación en liña
Os delegados e delegadas, os cadros da organización, así como os afiliados e afiliadas que o desexen poderán votar en liña, previa inscrición na plataforma de votación.
O sindicato iniciará o envío de correos electrónicos aos seus cadros para a súa participación desde as 00.00 horas do martes 26 de xuño, para que previsiblemente poidan empezar a votar desde as 14.00 horas ata as 23.59 horas do domingo, 1 de xullo.
- Votación presencial
- Así mesmo, poderase votar de maneira presencial en distintas sedes do sindicato desde as 10.00 horas do 2 de xullo ata as 20.00 horas do día 3 de xullo.
- Primeira consulta ás bases
- Esta será a primeira ocasión na que se somete a valoración por parte das bases sindicais unha decisión de carácter xeral e importancia estratéxica para a política do sindicato, e correspóndese co compromiso adquirido polo Secretario Xeral de UGT, Pepe Álvarez, no último proceso congresual. Antes de comezar o proceso poderase a disposición dos posibles votantes o contido do preacordo alcanzado.