martes, 3 de abril de 2018

PARO









MELLORA DO EMPREGO = FACTORES ESTACIONAIS

  • Galicia
O paro baixa en Galicia no mes de marzo en 3.104 persoas, en relación ao mes anterior, o que supón en termos relativos un 1,65 por cento. Así, hai en Galicia 185.103 persoas en situación de desemprego. Interanualmente, o paro baixou nun 11,9 por cento, en 24.953 persoas.
  • De novo, por sexos, obsérvase que as mulleres participan nunha menor porcentaxe nesta melloría do emprego. Mentres no caso dos homes o paro baixa nun 1,81 por cento, no caso das mulleres o fai nun 1,53 por cento. Son estas últimas as que representan o 56,5 por cento do total do paro rexistrado en Galicia. A brecha por sexos no desemprego continúa. En termos interanuais esta discriminación por sexos aínda é maior. O paro baixa, en relación a hai un ano, nun 14,4 por cento entre os homes e tan só un 9,9 por cento entre as mulleres.
  • Os máis mozos tamén teñen dificultades para subirse á onda do emprego. De feito, o paro entre os menores de 25 anos tan só baixou no mes de marzo en Galicia en sete persoas. Hai un total de 9.129 mozos en situación de desemprego nesta Comunidade.
  • Resulta evidente que custa, e moito, consolidar a contratación e que hai que asinar moitísimos contratos para consolidar un posto de traballo.
    • A afiliación á Seguridade Social medrou no mes un 0,65 por cento e un 2,68 por cento no ano. En ambos casos por debaixo das medias que se rexistran no resto do Estado. Non son bos os datos de afiliación á Seguridade Social en Galicia.
    • Nunha economía que medra a un ritmo do 3,1 por cento o emprego non vai parello, segue habendo unha fonda crise de emprego.
 Crise e precariedade no emprego que se traslada tamén ao desemprego.

  • É  necesario avaliar e estender, de xeito urxente, a protección por desemprego, ampliando os criterios de acceso ás prestacións.
  • Ademais, é imprescindible potenciar as políticas activas de emprego desde o eido público, xa que sufriron os recortes da austeridade de xeito especialmente acusado.
  • UGT considera que os gobernos manifestan a súa máis absoluta carencia de altura política para deseñar unha estratexia económica innovadora capaz de fortalecer o tecido empresarial e sentar as bases dun modelo económico diferente, máis sólido e que non se sosteña exclusivamente sobre a precariedade laboral e os baixos salarios.


  • Datos paro Barbanza (resumo):

Total: -3,15 %

  • Nesta  porcentaxe dase unha diferenza de case un punto (0,93%) entre a empregabilidade de homes e mulleres.
  • Nos menores de 25 anos se produce unha baixa de un 0,84 %. Neste caso apreciamos unha tendencia de empregabilidade entre homes e mulleres que resulta -2,14% favorable o emprego feminino neste arco de idade.
  • No resto das idades (-3,41%) esta tendencia se revirte tendo a empregabilidade masculina unha diferencia a favor dun -1,7% .
  • O sector servizos encabeza a tendencia cun descenso do -3,99% .


  • VARIACIÓN MENSUAL RELATIVA: é a diferencia porcentual entre o número de persoas desempregadas no mes actual e o número de persoas desempregadas no mes anterior deste mesmo ano.

  •  Datos paro Compostela (resumo):

Total:  -2,07%


  •  Empregabilidade entre homes e mulleres de - 0,50 a favor dos homes.
  •  Menores de 25 anos 2,65%. Aquí a fenda entre homes e mulleres ten unha incidencia dun 5,24 %. a favor dos primeiros.
  •  Resto das idades se produce unha baixada dun -2,27%. A diferenza, entre homes e mulleres, se reduce a un -0,18% a favor dos primeiros.
  • O sector agrícola-gandeiro (-4,99%) e servizos (-3,27%) perfilan este descenso.
 
  •  VARIACIÓN MENSUAL RELATIVA: é a diferencia porcentual entre o número de persoas desempregadas no mes actual e o número de persoas desempregadas no mes anterior deste mesmo ano. 
  • ****************************************************************************************