A Unión Xeral de Traballadores sinala que este colectivo de traballadoras, cunha presenza elevada de mulleres de nacionalidade estranxeira, realiza tanto tarefas domésticas como de coidado de persoas, complementando a ausencia dunha suficiente protección social e servizos por parte das Administracións. Todo iso cunhas condicións de emprego e de protección precarias, algunhas delas compartidas por quen traballa no coidado de persoas por conta de Administracións Públicas ou de empresas. Entre outras, os baixos salarios e as condicións de seguridade e saúde no lugar de traballo (un domicilio particular).
Por iso, UGT denuncia o desinterese do Goberno do Partido Popular por
este colectivo, o 4,6% de todas as mulleres afiliadas á Seguridade
Social, sen contar as que non están dadas de alta, e por iso reclama a
necesidade de abrir un espazo de diálogo cos interlocutores sociais que
consiga profesionalizar o sector (tarefas diferentes con retribucións
salariais distintas), examinar o papel que están a xogar determinadas
entidades intermediadoras no mercado de traballo,
equiparar as condicións de traballo e protección social e recoñecer o
valor social deste sector de actividade na economía do noso país.