xoves, 22 de febreiro de 2018

NEGOCIACIÓN COLECTIVA











O Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais,aprobou por unanimidade as recomendacións en materia de negociación colectiva para o ano 2018. O Consello Galego de Relacións Laborais foi creado pola Lei 7/1988, de 12 de xullo como un órgano de diálogo institucional entre os axentes sociais galegos, así como un órgano consultivo e asesor da Xunta de Galicia en materias relativas á súa política laboral. Está conformado por conselleiros de UGT, CCOO, CIG e a Confederación de Empresarios.
Cabe salientar, entre outras, a maior axilidade na constitución das mesas de negociación dos convenios, o recurso ao AGA para solucionar as controversias, a utilización —sempre que for necesario— do asesoramento técnico do CGRL, a adhesión á guía de boas prácticas que aprobará este ano o CGRL, a ultraactividade dos convenios, sinalar o Consello como sede da comisión paritaria dos convenios, a apelación a cubrir correctamente as follas estatísticas —após a negociación do convenio— e facilitar a identificación dos e das asinantes do texto do convenio para axilizar o depósito, rexistro e publicación.